12,00

Só envíos España / Sólo envíos España / Only shipping Spain

_______ZUME DE TERRA_________
01. NÓS
02. GALO GALÁN 
con Capercaillie
03. NA LIÑA DA MARÉ 
con Sara Tavares
04. XOGO TOLO
05. SANTIAGO-LISBOA 
con Júlio Pereira
06. DANZA DOS ARXINAS
07. MEU MAR
08. ARRIEIROS SOMOS
09. QUÉROME SALVAR
con Lilian Vieira

10. DESAFÍO
con Jacky Molard

11. BURBULLAS Á GRELLA
12. DE SOL E LÚA
13. A GALICIA VENTE XA

9 disponibles

Categoría:

Descripción

ZUME DE TERRA (2004) 

CD

(Prezo co IVE incluido). Envios a Península e Baleares.

ZUME DE TERRA disco BUDIñO, o terceiro na súa carreira artística e o primeiro no que o artista galego asume integramente as labores de composición, arranxos musicais, producción e gravación.

ZUME DE TERRA reflexa as inquedanzas dun artista creativo e inconformista que asume a innovación como punto de partida. En ZUME DE TERRA, a fórmula non é a de reinterpretar ou recrear a tradición senón a de crear valéndose dela.

Neste disco a tradición está presente en forma de «samplers», en forma de memoria sonora da realidade de outros tempos. Gravacións como as realizadas polo norteamericano Alan Lomax nos anos cincuenta, a colección «Raiceiras» dirixida por Mercedes Peón, a fonopostal de Alfonso D. R. Castelaodirixida aos galegos de Montevideo no ano 1941, único documento sonoro que se conserva do insigne artista, político e intelectual

Para BUDIñO a música, como a vida, é a ecuación entre a interpretación e a creación. Quizás é este un dos momentos nos que o artista pensa que nos temos interpretado e reinterpretado demasiado e demasiadas veces e que o futuro debemos encaralo con novas ideas e novas solucións para amainar no posible os efectos do asfixiante «loop» que cada día se repite nas listas de éxitos de radio e nas crónicas de noticias dos telexornais.

ZUME DE TERRA non é só un disco de temas orixinais, é de algún xeito un novo concepto no contexto da música de Galicia.

ZUME DE TERRA é novedoso porque quere selo, aínda que dende o primeiro compás se recoñezan nel moitas das correntes musicais, estéticas e conceptuais presentes hoxe no «gran mercado do mundo» ou globalización. Como di Castelao na súa alocución que resume a esencia de este disco: …»esta obra miña non pasa de ser un simple experimento artístico pero anque merecese ser traducida a todas as linguas do mundo, xamais deixaría de ser unha obra de arte galego porque está feita con zume de terra e mel de tradición galega…«

Pero ZUME DE TERRA é tamén froito do zume que espremeron outras mans, mans amigas e cómplices, mans de cores e sabores diferentes que fixeron de este zume unha práctica que engancha ao primeiro grolo; un sabor único, doce e amargo, intenso e sutil, galego e universal, para o que Budiño contou con importantes colaboradores de diferentes xeografías, músicos que nos descobren os sabores de este zume en cada un dos doce sorbos nos que se recomenda consumilo.

O músico bretón Jacky Molard colaborou co seu violín, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick participaron no tema «Galo Galán», o músico e productor Júlio Pereiraprestou o seu bandolín no tema «Santiago Lisboa», as voces correron a cargo de Sara Tavares (Cabo Verde) e da brasileira Lilian Vieira (Zuco 103) e as letras foron compostas por Uxía(Na liña da maré) e por Manolo Cortés (Quérome salvar). Convidados especiais: 
· Lilian Vieira – Zuco 103
· Jacky Molard
· Capercaillie
· Michael McGoldrick 
· Julio Pereira
· Sara Tavares.
Fotografía: Vari Caramés
Producción Musical: Budiño

____ZUME DE TERRA_________
01. NÓS
02. GALO GALÁN
con Capercaillie
03. NA LIÑA DA MARÉ
con Sara Tavares
04. XOGO TOLO
05. SANTIAGO-LISBOA
con Júlio Pereira
06. DANZA DOS ARXINAS
07. MEU MAR
08. ARRIEIROS SOMOS
09. QUÉROME SALVAR con Lilian Vieira
10. DESAFÍO con Jacky Molard
11. BURBULLAS Á GRELLA
12. DE SOL E LÚA
13. A GALICIA VENTE XA

Premio Opinión
Mellor Disco Galego do Ano
:

Zume de Terra

Premio Opinión
Mellor Disco Galego do Ano:
Zume de Terra

Información adicional

Peso 25 g
Dimensiones 12 × 12,1 × 0,8 cm