PARALAiA
En 1996 presenta o seu proxecto en solitario liderando a súa propia banda, coa que edita o seu primeiro traballo Paralaia no ano 1997.
PREMiOS e CONCERTOS.
En Outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense "Folk Roots" (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes.
O programa "Trébede" de Radio Nacional de España elíxeo tamén entre os cinco mellores discos nacionais noveles do ano 1997.
A.I.E. (Asociación de Artistas Intérpretes ou Executantes de España) escolle a Budiño en Xaneiro do 98 como representante de Galicia para o programa "Artistas en Ruta" que o levará por distintas cidades do estado.
O 16 de marzo Budiño recolle o Premio ao Mellor Solista Revelación do 97 concedido polo Periódico "El Ideal Gallego".
PREMiOS da MÚSICA 1999 (S.G.A.E. e A.I.E.)
Budiño recibiu o 22 de Abril do 99 o "Premio á Mellor Canción en Galego" polo seu tema "Ardora", outorgado pola Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE) e a Asociación de Artistas Intérpretes i Executantes de España (AIE).
Budiño conseguíu a nominación a este premio despois de ter reunido na preselección sete candidaturas: Artista Revelación, Mellor Canción, Mellor Canción en galego, Mellor Álbum, Mellor Productor artístico, Mellor Técnico de son e mellor Arranxista.
Convidados especiais:
Jacky Molard: Violín
Mercedes Peón: Voz
·
Soïg Siberil: Guitarra
Kepa Junkera: Trikititxa
Produción Musical:
Jacky Molard e Budiño.