Zume de Terra (2004)

ZUME DE TERRA disco BUDIñO, o terceiro na súa carreira artística e o primeiro no que o artista galego asume integramente as labores de composición, arranxos musicais, producción e gravación.

ZUME DE TERRA reflexa as inquedanzas dun artista creativo e inconformista que asume a innovación como punto de partida. En ZUME DE TERRA, a fórmula non é a de reinterpretar ou recrear a tradición senón a de crear valéndose dela.

Neste disco a tradición está presente en forma de "samplers", en forma de memoria sonora da realidade de outros tempos. Gravacións como as realizadas polo norteamericano Alan Lomax nos anos cincuenta, a colección "Raiceiras" dirixida por Mercedes Peón, a fonopostal de Alfonso D. R. Castelao dirixida aos galegos de Montevideo no ano 1941, único documento sonoro que se conserva do insigne artista, político e intelectual

Para BUDIñO a música, como a vida, é a ecuación entre a interpretación e a creación. Quizás é este un dos momentos nos que o artista pensa que nos temos interpretado e reinterpretado demasiado e demasiadas veces e que o futuro debemos encaralo con novas ideas e novas solucións para amainar no posible os efectos do asfixiante "loop" que cada día se repite nas listas de éxitos de radio e nas crónicas de noticias dos telexornais.

ZUME DE TERRA non é só un disco de temas orixinais, é de algún xeito un novo concepto no contexto da música de Galicia.

ZUME DE TERRA é novedoso porque quere selo, aínda que dende o primeiro compás se recoñezan nel moitas das correntes musicais, estéticas e conceptuais presentes hoxe no "gran mercado do mundo" ou globalización. Como di Castelao na súa alocución que resume a esencia de este disco: ..."esta obra miña non pasa de ser un simple experimento artístico pero anque merecese ser traducida a todas as linguas do mundo, xamais deixaría de ser unha obra de arte galego porque está feita con zume de terra e mel de tradición galega..."

Pero ZUME DE TERRA é tamén froito do zume que espremeron outras mans, mans amigas e cómplices, mans de cores e sabores diferentes que fixeron de este zume unha práctica que engancha ao primeiro grolo; un sabor único, doce e amargo, intenso e sutil, galego e universal, para o que Budiño contou con importantes colaboradores de diferentes xeografías, músicos que nos descobren os sabores de este zume en cada un dos doce sorbos nos que se recomenda consumilo.

O músico bretón Jacky Molard colaborou co seu violín, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick participaron no tema "Galo Galán", o músico e productor Júlio Pereira prestou o seu bandolín no tema "Santiago Lisboa", as voces correron a cargo de Sara Tavares (Cabo Verde) e da brasileira Lilian Vieira (Zuco 103) e as letras foron compostas por Uxía (Na liña da maré) e por Manolo Cortés (Quérome salvar). Convidados especiais: 
· Lilian Vieira - Zuco 103
· Jacky Molard
· Capercaillie
· Michael McGoldrick 
· Julio Pereira
· Sara Tavares.
Fotografía: Vari Caramés
Producción Musical: Budiño

____ZUME DE TERRA_________
01. NÓS

02. GALO GALÁN con Capercaillie

03. NA LIÑA DA MARÉ con Sara Tavares

04. XOGO TOLO

05. SANTIAGO-LISBOA con Júlio Pereira

06. DANZA DOS ARXINAS

07. MEU MAR

08. ARRIEIROS SOMOS

09. QUÉROME SALVAR con Lilian Vieira

10. DESAFÍO con Jacky Molard

11. BURBULLAS Á GRELLA

12. DE SOL E LÚA
13. A GALICIA VENTE XA

Premio Opinión
Mellor Disco Galego do Ano
:
Zume de Terra



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies