Volta (2010)

VOLTA, de budiño é un documental sobre unha viaxe de ida e volta, unha “road movie” ao longo de catro continentes que culmina cun concerto ao vivo no Festival de Ortigueira.
VOLTA é unha Producción artística de Budiño
Dentro do digipack, atoparemos o DVD do concerto no Festival de Ortigueira; intercalado con imaxes das xiras, un electrizante tema en directo con Deluxe unha actuación sorpresa na compostelana Praza das Praterías e tamén, mini-entrevistas a grandes músicos moi próximos a budiño: Kepa Junkera, Mercedes Peón, Xoél López, Jorge Pardo ou os escoceses Donald Shaw e Karen Matheson de Capercaillie. O encargado da dirección audiovisual foi o realizador galego Quique Otero.

Xa no CD poderemos introducirnos como un participante máis no Festival de Ortigueira, xa que a produción musical do disco aposta por unha auténtica inmersión do ouvinte entre o público do festival. Nesta experiencia única, Budiño ofrece un repaso polos temas máis representativos da súa carreira, dende o referencial “Paralaia”, pasando por temas de “Arredor”, “Zume de Terra” e “Home”; tamizados nesta ocasión por unha reinterpretación contemporánea, e impulsados por toda a potencia e intensidade que require un concerto ao vivo. Xunto a dous novos temas, “Volta e “Tradi”, atopámonos polo tanto, ante un disco onde atopar as mellores composicións do gaiteiro galego máis innovador.

Bos Aires, México DF, Oriente Próximo, Europa e finalmente Ortigueira…unha viaxe que queda reflexado nun extensísimo libreto que completa o pack de “VOLTA”.
Fotografía: Fotógrafos Gayo
VOLTA é unha Producción artística de Budiño

_____VOLTA____________________
01. VOLTA

02. PARALAIA

03. NÓS

04. RAPA BESTAS

05. CANTAR DE STA. SABIÑA

06. AIRE DO CRUCEIRO

07. GALO GALÁN

08. ORTEGAL

09. ARREDOR

10. PEDRA DE ABALAR

11. SEMPRE ALALÁ

12. SHOKRAN
13. FUME DE LUME

14. A FONTE DA PEDRA

15. TRADI

16. LÓSTREGOS



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies