15,00

Só envíos España / Sólo envíos España / Only shipping Spain

_____VOLTA___(Gravado ao vivo no Festival de Ortigueira)__
01. VOLTA
02. PARALAIA
03. NÓS
04. RAPA BESTAS
05. CANTAR DE STA. SABIÑA
06. AIRE DO CRUCEIRO
07. GALO GALÁN
08. ORTEGAL
09. ARREDOR
10. PEDRA DE ABALAR
11. SEMPRE ALALÁ
12. SHOKRAN
13. FUME DE LUME
14. A FONTE DA PEDRA
15. TRADI
16. LÓSTREGOS

Categoría:

Descripción

VOLTA (2010)

CD + DVD

(Prezo co IVE incluido). Envios a Península e Baleares.

VOLTA, de budiño é un documental sobre unha viaxe de ida e volta, unha “road movie” ao longo de catro continentes que culmina cun concerto ao vivo no Festival de Ortigueira.
VOLTA é unha Producción artística de Budiño
Dentro do digipack, atoparemos o DVD do concerto no Festival de Ortigueira; intercalado con imaxes das xiras, un electrizante tema en directo con Deluxe unha actuación sorpresa na compostelana Praza das Praterías e tamén, mini-entrevistas a grandes músicos moi próximos a budiño: Kepa Junkera, Mercedes Peón, Xoél López, Jorge Pardo ou os escoceses Donald Shaw e Karen Matheson de Capercaillie. O encargado da dirección audiovisual foi o realizador galego Quique Otero.

Xa no CD poderemos introducirnos como un participante máis no Festival de Ortigueira, xa que a produción musical do disco aposta por unha auténtica inmersión do ouvinte entre o público do festival. Nesta experiencia única, Budiño ofrece un repaso polos temas máis representativos da súa carreira, dende o referencial “Paralaia”, pasando por temas de “Arredor”, “Zume de Terra” e “Home”; tamizados nesta ocasión por unha reinterpretación contemporánea, e impulsados por toda a potencia e intensidade que require un concerto ao vivo. Xunto a dous novos temas, “Volta e “Tradi”, atopámonos polo tanto, ante un disco onde atopar as mellores composicións do gaiteiro galego máis innovador.

Bos Aires, México DF, Oriente Próximo, Europa e finalmente Ortigueira…unha viaxe que queda reflexado nun extensísimo libreto que completa o pack de “VOLTA”.
Fotografía: Fotógrafos Gayo
VOLTA é unha Producción artística de Budiño

_____VOLTA____________________
01. VOLTA
02. PARALAIA
03. NÓS
04. RAPA BESTAS
05. CANTAR DE STA. SABIÑA
06. AIRE DO CRUCEIRO
07. GALO GALÁN
08. ORTEGAL
09. ARREDOR
10. PEDRA DE ABALAR
11. SEMPRE ALALÁ
12. SHOKRAN
13. FUME DE LUME
14. A FONTE DA PEDRA
15. TRADI
16. LÓSTREGOS

Información adicional

Peso 70 g
Dimensiones 14 × 19 × 0,8 cm