____PARALAIA_________
01. PARALAIA 
02. CANTAR DE SANTA SABIñA 

03. AIRE DO CRUCEIRO 
con Mercedes Peón
04. RAPA BESTAS
05. LóSTREGOS 
con Kepa Junkera
06. MARCHA DE BREIXO 
con Jacky Molard e Söig Siberil
07. ARDORA
08. A FONTE DA PEDRA
09. ALALáDA VILA DE ORTEGáN 

10. JOTóN CLUB
11. O PATEADO 
con Mercedes Peón
12. SANTA COMPAñA

Descripción

PARALAIA (1997)

 

PARALAiA
En 1996 presenta o seu proxecto en solitario liderando a súa propia banda, coa que edita o seu primeiro traballo Paralaia no ano 1997.

PREMiOS e CONCERTOS. 
En Outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense “Folk Roots” (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes.

O programa “Trébede” de Radio Nacional de España elíxeo tamén entre os cinco mellores discos nacionais noveles do ano 1997.

A.I.E. (Asociación de Artistas Intérpretes ou Executantes de España) escolle a Budiño en Xaneiro do 98 como representante de Galicia para o programa “Artistas en Ruta” que o levará por distintas cidades do estado.

O 16 de marzo Budiño recolle o Premio ao Mellor Solista Revelación do 97 concedido polo Periódico “El Ideal Gallego”.

PREMiOS da MÚSICA 1999 (S.G.A.E. e A.I.E.)
 Budiño recibiu o 22 de Abril do 99 o “Premio á Mellor Canción en Galego” polo seu tema “Ardora”, outorgado pola Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE) e a Asociación de Artistas Intérpretes i Executantes de España (AIE).

Budiño conseguíu a nominación a este premio despois de ter reunido na preselección sete candidaturas: Artista Revelación, Mellor Canción, Mellor Canción en galego, Mellor Álbum, Mellor Productor artístico, Mellor Técnico de son e mellor Arranxista.

Convidados especiais:
Jacky Molard: Violín

Mercedes Peón: Voz
·
Soïg Siberil: Guitarra

Kepa Junkera: Trikititxa

Produción Musical:
Jacky Molard e Budiño.

____PARALAIA_________
01. PARALAIA 
02. CANTAR DE SANTA SABIñA 

03. AIRE DO CRUCEIRO 
con Mercedes Peón
04. RAPA BESTAS
05. LóSTREGOS
con Kepa Junkera
06. MARCHA DE BREIXO 
con Jacky Molard e Söig Siberil
07. ARDORA
08. A FONTE DA PEDRA
09. ALALáDA VILA DE ORTEGáN 

10. JOTóN CLUB
11. O PATEADO 
con Mercedes Peón
12. SANTA COMPAñA

Premio de la Música en España
Mellor canción en Galego (Ardora)

 

 

 

Información adicional

Peso 25 g
Dimensiones 12 x 12.1 x 0.8 cm