15,00€
PARALAIA 20 Aniversario
Libro+CD / edición remasterizada
Só envíos España / Sólo envíos España / Only shipping Spain
____PARALAIA_________
01. PARALAIA
02. CANTAR DE SANTA SABIñA
03. AIRE DO CRUCEIRO con Mercedes Peón
04. RAPA BESTAS
05. LóSTREGOS con Kepa Junkera
06. MARCHA DE BREIXO con Jacky Molard e Söig Siberil
07. ARDORA
08. A FONTE DA PEDRA
09. ALALáDA VILA DE ORTEGáN
10. JOTóN CLUB
11. O PATEADO con Mercedes Peón
12. SANTA COMPAñA
Descripción
PARALAIA (2017) 20 Aniversario
Libro+CD / edición remasterizada
«Paralaia», o primeiro disco de Budiño, cumple 20 anos. A súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado. A súa infancia, as lendas do monte Paralaia, o mar, os seus comezos… todo esto está reflectido nas ilustracións deste coidado traballo a cargo da ilustradora Ana Zon e a remasterización de audio de Arturo Vaquero.
PREMiOS e CONCERTOS. En Outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense «Folk Roots» (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes.
O programa «Trébede» de Radio Nacional de España elíxeo tamén entre os cinco mellores discos nacionais noveles do ano 1997.
A.I.E. (Asociación de Artistas Intérpretes ou Executantes de España) escolle a Budiño en Xaneiro do 98 como representante de Galicia para o programa «Artistas en Ruta» que o levará por distintas cidades do estado.
O 16 de marzo Budiño recolle o Premio ao Mellor Solista Revelación do 97 concedido polo Periódico «El Ideal Gallego».
PREMiOS da MÚSICA 1999 (S.G.A.E. e A.I.E.) Budiño recibiu o 22 de Abril do 99 o «Premio á Mellor Canción en Galego» polo seu tema «Ardora», outorgado pola Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE) e a Asociación de Artistas Intérpretes i Executantes de España (AIE).
Budiño conseguíu a nominación a este premio despois de ter reunido na preselección sete candidaturas: Artista Revelación, Mellor Canción, Mellor Canción en galego, Mellor Álbum, Mellor Productor artístico, Mellor Técnico de son e mellor Arranxista.
Convidados especiais:
Jacky Molard: Violín
Mercedes Peón: Voz
·
Soïg Siberil: Guitarra
Kepa Junkera: Trikititxa
Produción Musical:
Jacky Molard e Budiño.
Premio de la Música en España
Mellor canción en Galego (Ardora)
Información adicional
Peso | 399 g |
---|---|
Dimensiones | 22 × 2 × 22 cm |