15,00

BUDIÑO “Fulgor” (2019)

01 Fulgor

02 Poderosa

03 Frida

04 Pulso

05 Santiago

06 Boreal

07 San Xoan

08 Sós

09 Obertura

10 Bos Amores

11 Fulgor (castellano)

12 Santiago (castellano)

*Só envíos España / Sólo envíos España / Only shipping Spain

Categoría:

Descripción

BUDIÑO  “Fulgor” (2019)

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. 

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo. FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.

Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando. Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

www.budinomusic.com