Budiño reedita «Paralaia» no vixésimo aniversario da súa publicación

• En «Paralaia 20 Aniversario», unha ilustración chea de detalles -autoría de Ana Zon- acompañará a cada unha das cancións do disco.

• O traballo poderá mercarse en exclusiva no marco do Culturgal a primeira fin de semana de decembro.

• O sábado 3 de decembro, Budiño ofrecerá un concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra con Mercedes Peón como convidada especial.


Paralaia», o primeiro disco de Budiño, cumple 20 anos. A súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado. A súa infancia, as lendas do monte Paralaia, o mar, os seus comezos… todo esto está reflectido nas ilustracións deste coidado traballo a cargo da ilustradora Ana Zon.

O libro-disco estará á venda e todas as librerías e grandes superficies a partir do 9 de decembro de 2016.