Concerto de Nadal 2014 / Universidade de Vigo

Dirección Artística: BUDIÑO

Cando a Universidade de Vigo esta a piques de celebrar o seu XXV aniversario, comprácese en ofrecervos o seu tradicional concerto de Nadal.
A vangarda máis tradicional ou os sons tradicionais máis vangardistas daranse a man neste espectáculo pensado en exclusiva para a Universidade de Vigo polo seu protagonista principal, Budiño, que cos seus convidad@s fará deste un concerto único e agardamos (estamos seguros diso) inesquecible.
BUDIÑO será o protagonista do CONCERTO DE NADAL deste ano onde levará a súa música de tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos. Con seis traballos discográficos publicados ata o momento, as súas creacións e os seus espectáculos en directo son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada. Budiño ten levado as súas composicións por todo o mundo, enchendo auditorios en Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá ou México DF. Budiño ten compartido escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie ou a Orquestra Sinfónica de Lorient, entre outros. Banda

  • Isaac Palacín: percusións
  • Fernando Barroso: bouzouki, guitarra
  • Pedro Lamas: saxo e percusión tradicional
  • Kike Fuentes: guitarra
ARTISTAS CONVIDAD@S Mercedes Peón Está considerada como unha das mulleres máis carismáticas da música de vangarda, a orixinal proposta artística desta cantautora, arranxadora e etnógrafa baséase na convivencia dos ritmos máis tradicionais cos máis contemporáneos, os instrumentos acústicos cos electrónicos, todo mesturado coa súa voz. Conta con catro traballos discográficos no mercado. Vega Con cinco discos de estudio publicados, esta cantautora vén de ser nomeada aos Latin Grammy Awards 2014, na categoría de mellor álbum pop/rock polo seu último traballo discográfico Wolverines. Xabier Díaz Compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Formou parte de Berrogüetto e Nova Galega de Danza. Oreka TX Harkaitz e Mikel son os txalapartaris desta formación. Dende que comezaron a tocar xuntos formaron parte de diferentes grupos dos que destaca os dez anos que teñen acompañado a Kepa Junkera nos seus directos. A particularidade e o misterio do instrumento e a enerxía dos seus directos son recoñecidos pola crítica e o público.



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies