🌺BUDIÑO & NOVOA🌺
diario de navegantes

Estes dous piares fundamentais da música do país atópanse nun proxecto artístico conxunto, un cara a cara musical, cada un coa súa propia obra, que configura a historia musical dunha terra.
A amizade e complicidade entre ámbolos dous é o eixo deste concerto, onde existe tamén unha identificación telúrica natural, o feito de nacer no mesmo Mar da Ría de Vigo

O repertorio dos concertos é unha alternacia dos éxitos dos dous creadores, mesturado con novas músicas creadas expresamente para este espectáculo e versións que marcaron a vida musical de cada un deles. En todas as cancións, un fúndese no outro para ofrecer versións novas.
Mentres o mundo xira á deriva, a viaxe con estes dous navegantes pode ser unha gustosa andaina polo mundo da música de raíz, do pop, o rock e a vangarda musical galega.


Estos dos pilares fundamentales de la música del país se encuentran en un proyecto artístico conjunto, un cara a cara musical, cada uno con su propia obra, que configura la historia musical de una tierra.
La amistad y complicidad entre los dous es el eje de este concierto, donde existe también una identificación telúrica natural, el hecho de nacer en el mismo Mar de la Ría de Vigo

El repertorio de los conciertos es una alternacia de los éxitos de los dos creadores, mezclado con nuevas músicas creadas expresamente para este espectáculo y versiones que marcaron la vida musical de cada uno de ellos. En todas las canciones, uno se funde en el otro para ofrecer versiones nuevas.
Mientras el mundo gira a la deriva, el viaje con estos dos navegantes puede ser una gustosa andaina por el mundo de la música de raíz, del pop, el rock y la vanguardia musical gallega.