🌺 BUDIÑO “Fulgor”
▪️ 15 de MARZO.
▪️ SALA CAPITOL.
▪️ (Santiago de Compostela) 21 h.
.
🎫 MERCA A TÚA ENTRADA AQUÍ: https://www.ticketea.com/entradas-concierto-budino-present…/
.
@budino_music @draculajosebecerra @tonrisco @braismoran @arturo_abrigueiro @elenas_ou Ton Risco Arturo Abrigueiro Brais Morán #FranSanz Budiño
#BudiñoFulgor Sala Capitol
www.budinomusic.com

BUDIÑO presenta “Fulgor”

SALA CAPITOL (Santiago de Compostela) 

15 MARZO / 21h.

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. 

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. 

O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. 

Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras.

Letras de poetas (Antía Otero).

Letras de songwriters (Xoel López e Vega).

Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.

Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando.

Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra

Brais Morán: Guitarra, coros

Fran Sanz: Baixo

Ton Risco: Batería

Convidado: Teclados