Bio

Galego

BUDIÑO é un artista atípico, un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador fascinante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos, un músico co seu “sotaque”

BUDIÑO ten publicado ata o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA máis este último que fai o número seis, SOTAQUE. As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.

BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Máis tarde descobre o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie ou a Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros.

BUDIÑO ten actuado en diferentes espacios por todo o Mundo como:

Teatro da Ópera de Damasco (Siria)
Auditorio da Unesco de Beirut (Líbano)
Centro Cultural Real de Aman (Xordania)
Auditorio do Conservatorio de Shanghai (China)
Royal Concert Hall Glasgow (Escocia)
Wales Millenium Center de Cardiff (Reino Unido)
Circus Theater de Copenague (Dinamarca)
Auditorio Lungegardsvann de Bergen (Noruega)
Coliseu do Porto (Portugal)
Cinema Rif de Tanger (Marrocos)
Festival de Ortigueira (Galicia)
Plaza del Zócalo (México)
Teatro Paseo La Plaza de Bos Aires (Arxentina)
Teatro Mayor de Bogotá (Colombia)
Festival 7 sòis 7 luas (Cabo Verde)
Victoria Park, Ontario (Canadá)

English

BUDIÑO is an uncharacteristic artist, a musician with his own accent; a composer who inspires admiration among his colleagues; a fascinating artist who has his roots in the Galician tradition subtly blended with more contemporary sounds.
"BUDIÑO & THE GALICIAN BAND" is his new adventure. This show will be presented in 2016 and is full of tunes that are included in Budiño´s albums, with arrangengements for his band and the power of a brass section.The show is a new band formed by prestigious Galician musicians who will give a new light to Budiño’s works.
BUDIÑO has released six albums so far: PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA and SOTAQUE. His creations and his live performances are recognized internationally, and well regarded by the critics. He has also been awarded prestigious music awards.

BUDIÑO acted in different places around the world as:

Auditorio del Conservatorio de Shanghai [China]
Auditorio de la Unesco de Beirut [Lebanon]
Centro Cultura Real de Aman [Jordan]
Teatro de la Ópera de Damasco [Syria]
Royal Concert Hall Glasgow [Scotland]
Wales Millenium Center de Cardiff [United Kingdom]
Circus Theater de Copenague [Denmark]
Auditorio Natural Lungegardsvann de Bergen [Norway]
Coliseu do Porto [Portugal]
Plaza del Zócalo [México]
Teatro Paseo La Plaza de Buenos Aires [Argentina]
Teatro Mayor de Bogotá [Colombia]
Cinema Rif de Tanger [Morocco]
Festival 7 sòis 7 luas [Cabo Verde]
Victoria Park, Ontario (Canada)

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies